Premio Nobel de química 2011 “descubrimento dos cuasicristais”.

Neste Ano Internacional da Química que está a piques de rematar, o científico israelí Daniel Shechtman gañou o 5 de outubro en Estocolmo o Premio Nobel de Química 2011 polo descubrimento dos cuasicristales.

imagen

O descubrimento de Shechtman, en abril de 1982, desafiou o concepto previo de que nun sólido, os átomos están empaquetados en cristais con patróns simétricos que se repiten periódicamente unha e outra vez.

A comunidade científica cría que non era posible que existira un material cás características dos cuasicristais.
O consenso científico sostiña que só existían dous tipos de materiais sólidos: os cristais, coa súa estructura simétrica e moi regular, e as substancias amorfas, como o vidro. Algo como os cuasicristais non entraba en ningunha destas dúas categorías, pois si tiñan un orde, pero non periódico, non podía existir.

Shechtman traballou cunha aleación de aluminio e manganeso cando a través do microscopio electrónico se  atopou cos cuasicristais, que contradicían as leis básicas da cristalografía.
En 1984, Shechtman e colegas que creron nos seus  datos, publicaron dous artigos científicos nos que describiron as propiedades especiais dos cuasicristais:

1. A súa estrutura cristalina non é periódica, é dicir, non se pode construir mediante a repetición dunhas unidades de celdas.
2. Os cuasicristales son estruturas relativamente comúns en aleacións con metais como o cobalto, ferro e níquel.
3. Son malos condutores da electricidade.
4. Non presentan propiedades magnéticas.
5. Son máis elásticos que os metais ordinarios a altas temperaturas.
6. Son extremadamente duros e resisten ben a deformación, polo que se poden utilizar como recubrimentos protectores antiadherentes. Os cuasicristais son utilizados para fabricar agullas ou instrumentos de cirugía, xa que son moi delgados e necesitan dureza. Desde o descubrimento, outros cuasicristais foron producidos en laboratorios, pero tamén foron encontrados nun río ruso así comoimagen nunha determinada forma de aceiro.
Tratase dun descubrimento moi importante polo só feito de que sacude os fundamentos das ciencias do estado sólido, e o feito de que é oposto a o que sabiamos de antes.

 

 

 

Andrea Ozores, Sandra García e Alexandra López 1ºC