O gardián da supervivencia do ser humano
O telescopio espacial Kepler atópase dende hai dous anos, orbitando arredor do sol buscando exoplanetas, con especial atención naqueles nos que o ser humano puidera vivir.
O telescopio Kepler atopou cousas tan curiosas como un planeta que orbita arredor de dúas estrelas e outras tan importantes como 54 planetas que están na zona habitable das súas estrelas, só 54 dos 1.235 planetas que atopou. O telescopio polo de agora soamente explorou o 0.25% do Universo.
Non debemos obviar que os planetas atopados por Kepler ainda que estean na zona habitable da súa estrela, faltanlle moitos requisitos para que o ser humano chegara a vivir neles.
Pero quen sabe, igual non temos que ir tan lonxe… xa que recentemente publicouse o descubrimento de auga nunha da lúas de Xúpiter, Europa.
O que supón unha esperanza bastante máis real para o ser humano, xa que a viaxe a Xúpiter sería impensable nos días de hoxe, pero é moito máis factible que calquera dos outros exoplanetas achados polo Kepler.
Poderá algún día o ser humano vivir noutro planeta?
Se a resposta e sí, seguro que o telescopio Kepler terá boa parte de culpa.
telescopio kepler
Martin Romero & Abel Sánchez