Mamíferos prehistóricos

 Ola compañeiros ! Neste post ímovos falar de dous mamíferos que viviron na prehistoria xunto con dinosauros e temos probas da súa existencia grazas aos fósiles atopados en diferentes lugares do mundo. Aqui vos deixamos con dous dos nosos antepasados ! 

imagen

”Cronopio dentiacutus’

Era un esquío  con grandes caninos, polo que os paleontólogos que estudaron os seus fosiles deronlle o nome de ‘Cronopio dentiacutus’. Este “esquío” conviviu cos dinosauros hai 96 millons de anos no territorio da Patagonia Arxentina. Un grupo de paleontólogos descubriron dous cranios desta especie no 2006. Crese que a súa alimentación baseabase en insectos, posto que os animais con grandes caninos adoitan ser insectívoros. O cronopio viviu nunha epoca dominada polos dinosauros e cunha xeografia moi distinta. Aquí vos deixo unhas fotos, a un seguramente o coñezades. Este animal é Scrapy, o famoso esquío de Ice Age.

“Morganucodon”imagen

Foi un mamífero que viviu no Triásico. Os seus fósiles foron encontrados en China, Norteamérica e parte de Europa. Era un animal pequeno e hoxe sería algo parecido a unha musaraña ou un ratón.  Tiña un cranio de 2 a 3 cm e un corpo de 10 cm sen contar a cola. Era un animal omnívoro, comía dende plantas ata pequenos roedores.

Bueno compañeiros espero que vos gustara este post ! Grazas por dedicarlle un pouco do voso tempo ! Un saúdo!

Carlos García González