Descobren o mecanismo universal do envellecemento

imagenGrazas ao desenvolvemento de chips de ADN foi posible comprobar que a proteína chamada sirtuina condiciona o proceso de envellecemento dos mamíferos.

A súa importancia radica na regulación dunha expresión xenética adecuada, é dicir, cando os xenes que deben permanecer desactivados se activan pola desregulación que indirectamente produce o deterioro do ADN, a proteína sirtuina non pode facer ben o seu traballo.

Este importante descobremento, propón un “mecanismo universal” de envellecemento, ata o punto de poder nun futuro crear medicamentos que fagan reversible a vellez.
O mecanismo universal afectaría por igual tanto aos organismos unicelulares (como os fungos) como aos multicelulares (como os mamíferos), e poderíase converter no primeiro mecanismo conservado ao largo da evolución. Experimentando con ratos e baixo a hipótese de que con máis sirtuinas a reparación do ADN se volvería máis eficiente, extendeuse a esperanza de vida dos ratos entre un 24 e un 46%. Os científicos sinalan que este descobremento abre unha vía para a creación de medicamentos que poidan estabilizar a redistribución de sirtuinas a medida que pasa o tempo.

En definitiva, o deterioro do ADN non sería en sí mesmo a causa do envellecemento, se non que poñería en marcha un proceso que provoca a ausencia de regulación da expresión xenética sendo posible invertir o proceso do envellecemento.

  Andrea Ozores, Sandra García e Alexandra López 1ºC