CUESTIONADO O LÍMITE DE VELOCIDADE DE EINSTEIN
“Nada na natureza pode viaxar máis rápido que a luz”-Albert Enstein
Esta afirmación pronunciada por un dos científicos máis relevantes da historia está a ser cuestionada no laboratorio de física nuclear, o CERN, á man de Dario Auterio, investigador encargado do laboratorio subterráneo do Gran Sasso, en Italia. Os investigadores inmersos nesta investigación dispararon neutrinos desde Xenebra ata o Gran Sasso ( 730 quilómetros de distancia) , observando que estes superaban a velocidade da luz aproximadamente nuns 60 nanosegundos.
A pesar da contundencia dos resultados a dirección do CERN reacionou pedindo cautela: ” Se as medicións se confirman poden cambiar a concepción da física, pero precisamos estar seguros de que non hai outras explicacións máis triviales”. Para poder confirmar a verilidade destas probas o experimento debe ser reproducido por outro similar, que debe confirmar ese récord de 60 nanosegun
dos.
Se viaxa máis rápido que a luz, o neutrino podería viaxar ao pasado, como o fai? Unha das explicacións que se da a isto é que os neutrinos son capaces de tomar un atallo a través do espacio.
En conclusión, se se confirman estes datos tan reveladores estaríamos ante a posibilidade de que a ciencia que coñecemos cambiara totalmente.
Fonte de información: Público.es
Daniel Vázquez Fernández