Animais en Galicia en perigo de extincion
Considérase en perigo de extincion unha especie animal, cando a sua existencia é moi baixa a nivel mundial. Esto é xeralmente pola acción do ser humano( a caza ilegal), ou simplemente por cambios no ecosistema, como o cambio climático porque os animais non sexan capaces de habituarse a tales condicions. Nos ultimos tempos, o home convertiuse nunha gran ameaza para os animais, porque destruimos o seu habitat natural e incluso os matamos.
Hoxe en día hai demasiados animais en perigo de extincion, e a velocidade a que se extinguen é cada vez máior. Das aproximadamente 11.167 especies en perigo de extincion , 124 están catalogadas de estado critico. Podemos pensar que se trata de animais exóticos que case non coñecemos e que viven lonxe das nosas terras. Mais non sempre é así.
En Galicia, por exemplo, temos 13 razas autóctonas de animais domésticos que se están extinguindo. Un exemplo son as razas autóctonas de gando vacún: a cachena, a vianesa, a caldelá, a frieiresa, a limiá. O mesmo ocorre co cabalo de pura raza galega, a ovella galega, o porco celta, a galiña de mos, o can de palleiro, o guicho, o perdigueiro e o podengo.
Deberiamos procurar que eses animais seleccionados durante séculos polos criadores galegos, ata conseguir razas de cualidades excelentes, non se perdan para sempre.
Brenda García, 1º C