Un spray para visualizar o cáncer

Na Universidade de Tokio (Xapón) e nos Institutos Nacionais de Saúde dos EEUU desenrolaron un método para pintar de cor luminescente algúns tumores. Ilumina de verde as células canceríxenas que non son visibles para o ollo humano. Serve para eliminar mellor o tumor e reduce o tempo de cirurxía de horas a minutos. Polo de agora só se utilizou en animais e con mostras de persoas en laboratorios. Os científicos botáronlle o spray ó animal e nuns minutos as células canceríxenas volvéronse dunha cor verde fluorescente.

Na cirurxía trátase de extirpar o tumor, e, a pesar de que a maior parte das veces extráese unha boa peza do tecido, ás veces quedan restos do tumor difíciles de distinguir. Agora poderíase utilizar este spray, denominado alfaGlu-HMRG, que ó estar en contacto coas células fai reaccionar unha enzima chamada gamma glutamil transpeptidasa (GTT).

Con este spray pódese ver a simple vista tumores de 0,2 e 0,3 milímetros de tamaño e moito máis pequenos utilizando unha cámara que aumente a visión. Este spray pode chegar a recoñecer un 50 ou 60 por cento dos tipos de cáncer (mama, ovárico, intestinal…). Este producto aínda o están analizando para saber se é tóxico. Pero como se utiliza moi pouca cantidade, pénsase que non vai ser tóxico. E, ademáis, non vai ter un prezo moi elevado.

imagen

 

 

 

Noelia Vicente Suárez 1ºBach. A