Scrat na era dos dinosauros
Descubrementos curiosos de seres con grandes similitudes aos actuais aparecen cada día, así como tamén o fan animais que pensabamos que tan só existián na ficción como o caso de Scrat. Esta noticia causou especial interés debido a que os riscos deste animal son prácticamente idénticos aos que se observan na película Ice Age nun animal que a todos nos parecía unha especie de esquío ata hoxe.
Na antiga Patagonia , actual territorio de Arxentina encontráronse no 2006 dous cránios dun pequeno mamífero(Cronopio dentiacutus) que conviveu fai 96 millóns de anos cos dinosaurios. É unha especie emparentada cos actuais marsupiais e animais con placenta, e pertence a un grupo de mamíferos xa extintos denominado drioléstidos (PDF con datos sobre os mamíferos prehistóricos). Non se sabe ben de que se alimentaban pero pénsase que probablemente comía insectos debido aos seus dentes agudos dos que se axudaba para a masticación e perforación de caparazóns.
O seu aspeto debería recordar ao dun esquío con colmillos afiados. Apenas chegaba aos 2,6 cm de largo, é dicir tiña un tamaño moi reducido como todos os animais que viviron naquela época (a excepción dos dinosauros). As cousas que mais sorprenderon do descubrimento foi o tamaño dos colmillos xa que é moi inusual en mamíferos dese tamaño; e o alargado que era o seu fuciño.
Atopar cránios e mandíbulas enteiras é un descubrimento raro xa que normalmente adoítanse encontrar tan só dentes ou fragmentos de ósos. O descubrimento destos fragmentos de cráneo e mandíbula enche un hoco de 60 millóns de anos , aportando así novas claves sobre a evolución destos animais e ofrecéndonos información sobre a bioloxía do animal , permíndonos determinar que estamos ante os primeiros restos deste animal en Sudamérica.
Neste video móstrase a noticia que se transmitiu en Arxentina:
Lorena Dieste 1º A