Novo paso cara aos ordenadores cuánticos
Unha investigación liderada polo CSIC conseguiu deseñar unha molécula magnética capaz de funcionar como unha porta lóxica a través dunha reacción química.
Este descubrimento permitirá fabricar unha das pezas fundamentais dos ordenadores cuánticos. Ademais investigadores afirman que é unha forma máis barata , intelixente e eficiente que as xa existentes. Isto é sobre todo porque as creadas anteriormente requiren técnicas moi complexas en condicións específicas .
Estes ordenadores requiren os mesmos compoñentes básicos ca os tradicionais, coa diferenza de que as pezas do odenador cuántico deben ser capaces de presentar os dous estados do código binario á vez. O empeño en construilos ven porque nos traerán moitas posibilidades , como maior rápidez ao resolver problemas que un ordenador normal tarda moito ou mesmo que non é capaz de resolver.
Os ordenadores cuánticos non funcionarán con microcircuitos senón con cámaras de átomos. Neste video podése observar unha pequena descripción desta nova tecnoloxía: