Desafío á teoría da relatividade.
Móvense sesenta nanosegundos máis rápido que a luz, nunha distancia de 730 kilómetros entre Xinebra e Gran Sasso (Italia). Son os chamados neutrinos, partículas as cales, experimentalmente, lograron superar a velocidade da luz, descubertas por un equipo internacional
de c
ientíficos.
Os expertos buscan atopar un error que d
esminta a posibilidade de atopar unha partícula máis rápida que a luz, ou realizar as investigacións necesarias para confirmar definitivamente a existencia dos neutrinos.
O descubrimento da rapidez dos neutrinos, ponlle un interrogante á teoría da relatividade de Albert Einstein, enunciada en 1905. Dita teoría afirmaba que nada pode viaxar máis rápido que a luz, información que, dadas as circunstancias e últimas novas, semella equivocada.
Se resulta que a capacidade dos neutrinos de superar a velocidade da luz existise de verdade, estaríamos ante un importantísimo descubrimento, en resumidas contas, o que creíamos ata agora como o máis veloz, sería realmente superado.
Sara Piñeiro e Desirée Fernández. 1º Bac A