A maior tormenta en dúas décadas
A sonda Cassini captou desde o seu nacemento e sigueu a evolución dunha tormenta xigante que se extendou nunha área de 15000 km na cara norte de Saturno durante 200 días.
O 5 de decembro de 2010 detectouse unha pequena mancha brillante nas altas capas da atmosfera, que foi aumentando ata converterse nunha tempestade que recorreu todo o planeta. Trátase da tormenta máis grande detectada nas últimas dúas décadas en Saturno e a máis grande observada desde unha nave interplanetaria. A tormenta xerou relámpagos e era de tal tamaño que se podía ver cun telescopio de aficionado.
A tormenta rematou a finais de xuño pero aínda se poden ver nubes tormentosas na atmosfera actual. “A tormenta de Saturno parecíase máis a un volcán que a un sistema climático terrestre” según asegurou un membro do equipo de imaxes de Cassini.
Sara Calo, Jennifer González, Alejandra Outeiral