O volcán de El Hierro.
Unha multitude de pequenos terremotos que arrancaron a finais de setembro anunciaron a formación dun volcán que pode confirmarse tras a erupción submariña de El Hierro. A lava segue fluíndo nas augas desta illa. A erupción do volcán continúa e os científicos puideron adiantar hipóteses falando sobre a súa evolución. Deduciron que acabaría producindose a formación dun pequeno illote.
Ós poucos dias ollaronse restos de rochas fumegantes a 2,4 kilómetros da costa sur da illa. Esta sería a primeira das catro fases que probablemente vivirá a erupción.
Os habitantes da illa de El Hierro esperan con ansia volver as súas casas ainda que están emocionados por vivir un fenómeno único en moito tempo.
Nestes momentos na illa estan vivindo seísmos,non moi intensos pero si continuos. A madrugada do 22 de novembro rexistraronse ata 11 seísmos, o máis intenso de 2,1 grados.
Información sobre El Hierro do Instituto Xeográfico Nacional.
Miriam Figueira Lamas 1ºA