Contra a Selección Natural

Máximo Sandín rechaza rotundamente a teoría darwinista. Para este Doctor en Ciencias Biolóxicas e en Bioantropoloxía, que traballa como profesor da Evolución Humana e Ecoloxía no Departamento de Bioloxía da Universidade Autonoma de Madrid, a vida é algo máis complexo ca iso.

Califica a teoría da “Selección Natural” como unha teoría baseada na relixión e apoiada polas clases altas, pola cal os máis fortes son os máis aptos e os únicos que deben sobrevivir, xustificando a crenza de que debemos vivir constantemente en competencia.

Para Sandín, o mecanismo fundamental da evolución non é a mutación aleatoria nin a selección natural, senon a integración de virus en xenomas xa existentes.


Para que saibades de que vai a selección natural, temos aquí unha pequena presentación:

Laura Davila, 1º A