Poderase observar o Universo sen saír da casa.

A partir do próximo ano, nace “Gloria”, un proxecto europeo que consiste nunha rede de  17 telescopios robóticos gratis por Internet, (GLObal Robotic telescopes Intelligent Array for e-Science) e no que participan 13 socios de 8 países diferentes. Está inspirado na experiencia do Observatorio Astronómico de Montegancedo, situado na Facultade de informática de dita universidade.

imagen

É o primeiro observatorio astronómico do mundo de acceso libre e gratuíto, que se controla remotamente mediante un software denominado Ciclope Astro, e que será empregado pola rede mundial de telescopios robotizados.

O principal obxectivo do proxecto Gloria é agrupar a persoas de distintos lugares do mundo interesados na astronomía coa finalidade de aproveitar a intelixencia colectiva e potenciar a súa participación na investigación astronómica, a partir dos análises de datos e das observaciós astronómicas.

Fará isto que os cidadáns nos comprometamos máis coa ciencia e as observacións astronómicas?