O satélite ‘Rosat’ caeu no Golfo de Bengala.
Rosat, foi un telescopio alemán de raios X, lanzado ao espazo o 1 de Xunio de 1990 cun lanzador Delta II dende Cabo Cañaveral. No ano 1998 ao apuntar directamente ao Sol, o telescopio queimouse e foi abandonado na data do 12 de Febreiro de 1999.
Foi a NASA quen informou que ‘Rosat’ se iva a estrelar contra a superficie terrestre entre o 22 e o 23 de Outubro de 2011, e estos datos non son erróneos. ‘Rosat’ caeu durante a madrugada do pasado Domingo (23/10/2011) no golfo de Bengala ao noreste do Océano Índico, según informou o Centro Aeroespacial Alemán, aínda que os científicos non averiguaron o lugar exacto no que caera ata o Mércores 26 de outubro.
As posibilidades de que as partes que non se desintegraran en contacto coa atmosfera causaran danos, eran mínimas. Os científicos esperaban que ao redor de 30 anacos de satélite con un peso total de 1,7 toneladas poideran caer á Terra, o resto desintegraríase cando entrara na atmosfera.
María Silva .