A desigualdade de xénero nas ciencias desaparecida ?

imagen

Nas universidades nós predominamos, (un 60 por cento das tituladas en España son mulleres e estas contan con mellores resultados que os homes), porén, descende a presenza de mulleres nos postos de gran responsabilidade cando abandoan as facultades e se integran á vida laboral, xa que  soamente representan un 23 por cento dos docentes de investigación do Consello Superior de Investigacións Científicas.

 

imagen

Para denunciar isto, a ”Unidade de  Mulleres e Ciencia do Ministerio de Ciencia e Innovación” coa colaboración da ”Fundación de Estudos de Economía Aplicada” publica o ”Libro Blanco sobre la situación de las mujeres en la ciencia de España”, o cal  insiste en que as desigualdades de xénero se encontran nos niveis máis altos da xerarquía académica.  Este libro contou coa axuda da ministra de ciencia e innovación Cristina Garmendia (bióloga e empresaria española).

Esta, sinala que o goberno está traballando para que desapareza este desequilibrio con algunhas novas Leis, como, a nova Lei da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación (aprobada o pasado 12 de maio), a cal obliga a garantizar que o sistema español de ciencia avance deica unha situación de igualdade de xénero.

Segundo o ”Libro Blanco”, o número de catedráticas Españolas aumentou tan só un 6 por cento nos últimos vinte anos. Ademáis disto trata temas como:

  • En España a probabilidade de que un home sexa promocionado é 2,5 veces maior que de que o sexa unha muller.
  • Só un 15 por cento das mulleres ocupan o estamento máis alto.
  •  Aínda que a  incorporación de mulleres nos estudos científicos foi importante nos últimos anos, existen todavía barreiras á hora de desenrolar unha carreira profesional.

Por outro lado a elite científica española é un ”club” de homes que discuten o  recoñecemento dos descubrimentos científicos. Baste considerar os seguintes datos:

- Non hai ningunha muller nos 17 presidentes do CSIC  (científicos de gran prestixio).

- Só 6 mulleres foron recoñecidas co Premio Nacional de Investigación entre  72 galardoados , só se premiaron dúas entre un total de 37 galardoados  no Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica e só se contan cinco mulleres entre os 87 premiados co Premio nacional Rey Jaime I.  

- De  654 membros das 10 Reales Academias Españolas, só un 5,5 por cento son mulleres.

- Soamente  aparece unha muller como líder nos 17 proyectos  de maior prestixio en España, concedidos en 2006.

En definitiva, aínda hai moito camiño para percorrer, para que a desigualdade de xénero desapareza no campo científico e se incremente a visibilidade desas mulleres que xa se encontran presentes nas intitucións de ciencia españolas.

 Noelia Vicente Súarez e Vera García Outeiral, 1ºA