¿Dous soles na Terra?

        Unha supernova é unha explosión estelar moi forte, que é o que lle podería acontecer á estrela superxigante vermella Betelgeuse. Isto, débese a que,  perdeu parte da súa masa e está a punto de colapsar.

Este suceso podería acontecer antes do 2012 e a estrela,  poderíase converter nun segundo sol para a Terra.

Betelgeuse, tamén chamada como Alpha Orionis, é unha brillante estrela vermella na constelación de Orión. É a novena estrela máis brillante do ceo e é un corpo moi luminoso e grande. A súa masa, é 20 veces a do Sol e o seu tamaño é 40 millóns de veces maior.



Cando se convirta nunha supernova , producirase unha forte emisión de partículas. Son os chamados neutrinos os que chegarán ao noso planeta. Pero como asegura Brad Carter, (físico e investigador senior da universidade australiana de Southern Queensland),  hai que tomalo con moita tranquilidade porque estas partículas non son dañinas.

Esta explosión, tamén podería xerar a formación dun burato negro que estaría a máis dun millar de anos luz da Terra.

Sen importar cando ocurra a explosión, este vai a ser un dos espectáculos máis increibles xamais presenciados. Por unhas semanas a supernova será tan brillante que parecerá que hai dous soles no ceo e a noite será indistinguible do día. Aínda que esta, non será a primeira nin a última vez que a humanidade presencie algo asi.

imagen

A primeira supernova rexistrada tuvo lugar no ano 185 DC., cando astrónomos chinos observaron a explosión dunha estrela a 8200 anos luz de distancia. Os romanos, tamén fan referencia a este fenómeno que, foi verificado por astrónomos modernos que localizaron os restos da antiga estrela.

-Fontes:http://www.foroelcruce.net/t37627-en-2012-veremos-2-soles-en-el-cielo-ciencia-inside ; http://www.abc.es/20110124/ciencia/abci-betelgeuse-segundo-tierra-201101241754.html