Ciencias…aínda pensas que é cousa de homes?
Nas aulas de ciencias, tanto no Bacharelato coma na Universidade, a maioría somos mulleres. Porén… por que os cargos científicos de responsabilidade aínda os teñen, maioritariamente, os homes? Este é un debate que se ten aberto dende hai algúns anos.
O “Libro Blanco” é un estudo realizado dende a Unidade de Mulleres e Ciencia do Ministerio de Ciencia e Innovación e coa colaboración da FEDEA. Neste estudo dánse unha serie de datos polos que as mulleres non adoitan chegar a ser tan coñecidas coma os homes. Un sdos puntos máis importantes son:
- Ter fillos perxudica e, normalmente, son as mulleres as que se ocupan deles.
- Só un 38% de catedráticas que teñen fillos, fronte a un 63% de varóns con fillos.
- A tasa de graduación feminina supera á dos varóns.
A pesares de todo, pouco a pouco as mulleres estamos conseguindo ser máis recoñecidas, e ocupar cargos máis importantes, como grandes científicas e astrónomas. Algúns exemplos actuais son: Margarita Salas, Carmen Maroto, a astrónoma galega Josefina F. Ling, e Rebeca Santiso e María Tamayo (as cales recibiron un premio o ano pasado)