Un corte moi preciso

 imagenA enxeñaría xenética é unha ciencia ou tecnoloxía que cada vez ten máis importancia na nosa sociedade. Ten como obxectivo transferir ADN dun organismo a  outro para así proporcionarlle algunha característica de interese. Por exemplo, transferirlle a unha bacteria o xene da insulina humana, para obter esta hormona en grandes cantidades. Nun futuro, esta tecnoloxía poderase utilizar para reparar  mutacións deletéreas ou outras enfermidades que van no ADN de xeración en xeración.

Nace en 1973 cando Stanley Cohen e Herbert Boyer (perdoade os enlaces en inglés) crean o primeiro organismo recombinando partes do seu ADN.

Nada disto tería sido posible sen a axuda de Daniel Nathans, Werner Arber e Hamilton Smith. Todos eles descubriron as enzimas de restricción, que son unhas enzimas empregadas para cortar o ADN nun punto elixido, chamado diana de restricción. Estas dianas conteñen de 4 a 12 pares de bases para ser diferenciadadas. As enzimas de restricción cortan o enlace fosfodiéster de cada tira de ADN. Dando lugar a dous extremos na febra de ADN. Os extremos poden ser romos, cando os enlaces rotos coinciden, ou escalonados, cando deixan bordes pegañentos. Hai moitas enzimas que realizan o corte da mesma maneira e na mesma secuencia, pero son diferentes, son os chamados isoesquizómeros.

Proximamente poderemos conseguir dúas veces máis producción con tan só modificar xenéticamente calquera planta ou animal. Por exemplo poderemos modificar unha galiña para que os seus ovos sexan de dúas xemas.

Inicialmente estes avances so serán accesibles para xente cunha economía elevada, asi a xente que non teña unha economía boa non poderá adquirir estas vantaxes e sentirase desprazado e discriminado.

A enxeñaría xenética está cambiando a nosa vida.

Samuel Resúa 1ºA

 

 

 

Tags: , , ,