O secuestro de Carbono

               Hoxe en día un dos principais problemas aos que nos enfrontamos os humanos como especie é o cambio climático, o cal estase intentando resolver de distintas maneiras con investigación e recompilación de información. Estas dúas ferramentas favorecen a posibilidade de encontrar solucións ao gran problema. Unha das  solucións propostas é a que vos presento aquí: “Secuestro de carbono”

     Coñécese como “secuestro de carbono” o almacenamento de dióxido de carbono na terra para impedir a súa expulsión ao aire.

     Estudos recentes indican que cada ano son vertidas ao aire 30.000 toneladas de dióxido de carbono xerado especialmente por as actividades industriais, os automóbiles, actividades domésticas e pola produción de enerxía a partir de fontes non renovables. Esta técnica aínda está en estudo pero recibiu un gran impulso gobernamental grazas ao protocolo de Kioto e á necesidade de algúns países en reducir as súas alarmantes emisións.

 

imagen

     Debido á gran investigación que se está facendo, o enterramento do carbono aparece cada vez máis como unha solución para este problema, pero conta cunha desvantaxe moi clara que é a que máis preocupa aos gobernos afectados: as limitacións críticas, como o gran custo que supón  o gran impacto ambiental que podería producir. Entre os lugares máis factibles para gardar estes gases destacan os xacementos de petróleo e as salinas subterráneas. Estas están nunha etapa de estudo e investigación, que polos resultados obtidos en breve poderase aplicar a unha gran escala. Tamén se pensa no enterramento no fondo do mar pero esta operación dispararía os custos, por iso descártase polo de agora.

Ricardo Fabeiro 1ºB