Existe realmente o ADN lixo?
É un feito que non coñecemos a utilidade da maior parte do xenoma humano, arredor do 98% é para nós descoñecido. Ata fai poucos anos considerábanse “xenes lixo” dado que non codifican proteínas e que eran na súa maior parte repeticións de fragmentos que si importaban. Foron durante bastante tempo tratados coma un tema intranscendente para o desenvolvemento da ciencia e considerados residuos de xenes que se foron perdendo ao longo da evolución.
Todo este problema produciuse porque os problemas éticos fixeron que as primeiras investigacións sobre o ADN se fixesen en bacterias, que teñen un xenoma moi simple, e foran utilizadas como modelo para entender aos organismos máis complexos.
Aínda que este tipo de ADN non codifique proteínas, si que dirixe o uso da outra parte do xenoma e é unha parte crucial na diferenciación das especies durante a etapa embriolóxica e no desenvolvemento do organismo. Ademais cumpre funcións tales como reparar o ADN ou axudar a combater enfermidades. Polo que cualificar a este tipo de ADN como lixo é unha mostra de ignorancia.
Raquel Outeiral 1ºB