Enfermidades detrás do pracer de comer.

No século XXI, a pesar dos adiantos científicos e tecnolóxicos para previr enfermidades e os avisos que dá a sanidade pública mediante os anuncios da televisión e incluso carteis nalgúns espazos publicitarios dalgunhas vilas, segue habendo numerosos casos de enfermidades alimentarias.

Son enfermidades ás que non se lle presta a atención que merece xa que  son, entrecomilladamente,  recentes. Porque, anteriormente, non había estes problemas, xa que non se posuía a cantidade excesiva de comida que temos agora a cal nos leva ao consumo  excesivo.

Estas enfermidades van dende a anorexia, bulimia, obesidade e incluso se podería incluír a vigorexia. Neste caso imos falar concretamente da obesidade.

A obesidade prodúcese cando a cantidade de graxa corporal chega a un extremo no que afecta seriamente a saúde da persoa obesa. A maneira máis  fácil de detectala , que incluso  se pode facer na casa, é mediante o índice de masa corporal (IMC), que a partires de 25 kg/m2 xa indica un sobrepeso, pero que a partires de 30 kg/m2 xa supón un grave risco para a saúde.

imagen

Esta enfermidade está producida por diferentes causas como por exemplo:

En primeiro lugar xenéticas,  hai xente que dende que nace ten predisposición a sufrir sobrepeso.

En segundo lugar a inactividade física é outro factor de risco para sufrir sobrepeso dado que as calorías que se inxiren non se eliminan e quedan almacenadas no corpo en forma de tecido adiposo.

O terceiro é o desequilibrio nutricional, que consiste na excesiva inxesta de graxas.

E finalmente as causas psicolóxicas que dependendo do estado emocional do individuo, normalmente, inxírense cantidades maiores ou menores de comida.

O sufrimento desta enfermidade alimentaria pódese dicir que sería controlable con algúns hábitos de vida como unha dieta saudable e facer algo de exercicio.

Feito por: Lois, 1º Bach “A”