O ADN no DNI: vantaxe ou inconveniente?
Grazas ó DNI a administración estatal dispón dun xigantesco banco de datos con millóns de fotografías, pegadas dactilares e sinaturas electrónicas. As impresións dixitais son un moi bo instrumento para identificar ás persoas, pero os avances científicos revelan que o ácido desoxirribonucleico (ADN) que contén a información xenética das persoas é o metodo máis efectivo para identificar as persoas. O ADN é a nova impresión dixital do século XXI, o obxecto resultante seria o DNI-DNA.
Nin a policía nacional nin a garda civíl se plantexaron, de momento, poñer en marcha un sistema tan complexo, aínda que non o descartan no futuro.
Algúns axentes pensan que esta medida sería extremadamente boa contra criminais pero, outros din que sería violar os dereitos das persoas libres e inocentes.
O primeiro ministro británico Gordon Brown quixo implantar pasaportes con datos biométricos, pero ó ano seguinte o goberno botouse atrá, o seu sucesor David Cameron pensou que isto era “unha substancial erosión das leberdades civís”. O goberno español non ten ningún proxecto formal para ampliar un ficheiro de 183.000 impresións xenéticas de sospeitosos cos demais cidadáns.
Porén, para os policías que investigan casos de homicidios e desaparicións sería de moita utilidade dispoñer dun ficheiro xenético de millóns de españois. Esto permitiria por exemplo identificarmáis de 2.000 cadáveres que repousan en cámaras frigoríficas ou que foron enterrados anónimamente nos últimos anos.
Marc Carrillo, catedrático do Dereito Constitucional da Universidade Pompeu Fabra opina o seguinte: “Ante a eventualidade de incorporar ó DNI datos derivados do ADN da persoa, haberá que ter en conta unha serie de cautelas: primeiro, a preservación do dereito á intimidade; segundo, impedir a difusión dos datos (habeas data) que son distintos dos que sirvan exclusivamente para a identificación da persoa; e terceiro, que os datos que se incorporen no DNI, de acordo coa lei reguladora da base de datos policial sobre identificadores obtidos a partires do ADN, sexan aqueles que proporcionen exclusivamente información xenética reveladora da identidade da persoa e o seu sexo.”
Moita xente preguntase se esta medida será obrigatoria para todos os españois ou se polo contrario sera voluntaria. E acerca disto os expertos dubidan da “legalidade” de poder obrigar a todos os españois a facer isto. Outros expertos pensan que se podería facer unha campaña en positivo para aqueles españois voluntarios que quixesen ser identificados rapidamente en caso de morte, accidente grave… etc, pero outra cuestión a dilucidar é se sería rendible esta medida para só un 10 ou 15% da poboación española (que serían os voluntarios). Pero hai máis cuestións, por exemplo, a lei de hoxe permite que un rapaz de 14 anos poida dar unha proba do seu material biolóxico. Pero, un rapaz desta idade ten suficiente capacidade para discernir que significa facer iso e as consecuencias que acarrea esa decisión? Para isto dise que habería que aumentar a idade mínima dos 14 aos 18 anos.
A pesar de tantos dilemas éticos, xa non hai tantos problemas científicos como para pensar que isto é ou puidera ser ciencia-ficción.