Escherichia coli
A última alarma sanitaria en Europa foi causada polo brote mortal da bacteria Escherichia coli, mais coñecida como E. coli. Este brote da devandita bacteria comezou en Alemaña e nun primeiro lugar as autoridades deste país sinalaron aos cogombros españois como os culpables deste brote. Esta hipótese xa foi desbotada pero a verdadeira causa do brote estaba nuns gromos de soia producidos en Alemania.
Afondemos máis nesta bacteria… Qué é a Escherichia coli? Como actúa esta bacteria? Porqué é mortal este brote?
Escherichia coli é unha bacteria que se atopa xeralmente nos intestinos dos animais axudando á absorción de nutrintes, formando parte da flora intestinal, sen causar ningún dano pero certas cepas de E. coli poden causar intoxicacións alimentarias que poden levar mesmo ata a morte.
Algúns dos brotes desta bacteria, como o caso do 0104:H4, causan unha intoxicación alimentaria ao suxeitárense ao epitelio intestinal e segregar unhas toxinas que ademais desta intoxicación poden causar unha diarrea sanguinolenta e fallos renais que poden ser fatais.
Natalia Saavedra Miranda
1ºA