Isto non é un xogo.
Cando nós escoitamos a palabra SIDA non lle damos a suficiente importancia, xa que se trata dunha enfermidade moi desenvolvida e perigosa, da que é moi facil contraela e hoxe en día a pesar do noso avance na biotecnoloxía e na ciencia, todavía ninguén foi capaz de atoparlle unha solución. O único que existe de momento é usar protección nas relacións sexuais, e tamén ter coidado co contacto mediante o sangue, esto xa é unha forma de contaxio menos habitual.
O sida é unha enfermidade que afecta aos humáns ifectados polo VIH. Unha persoa padece este virus cando o seu organismo non é capaz de ofrecer unha resposta inmune contra as infeccións. Unha persoa infectada polo VIH é ceropositiva e pasa a desenvolver un cadro de sida cando o seu nivel de linfocitos T CD4 desdence por debaixo das duascentas células por mililitro do sangue.
O 90% das novas infeccións do virus danse por relacións sexuais . Durante as últimas décadas intentouse investigar a cantidade de virus human presente nos xenitais. Grazas a un duro traballo polo equipo dirixido do departamento da saúde da universidade de Washington , por primeira vez mostrounos que a cantidade de VIH na mucosa xenital aumenta as posibilidades de transmitir virus. Os investigadores analizaron a 2521 parexas heterosexuais africanas cerodiscordantes. En 1805 desas parellas a infectada era a muller e en 716 o portador do virus era o home. Durante dous anos que durou este seguimento 73 baróns e 40 mulleres foron infectados polo virus das súas parellas.
Unha pequena empresa de biotecnoloxía consigueu financiamento do goberno federal dos Estados Unidos para estudar a vacina contra o VIH durante tres anos. O primeiro estudo de fase III determina a eficacia da vacina . Ao redor de 5000 voluntarios serán dos Estados Unidos e 2500 de Tailandia , a maioría dos cales terán un alto riesgo de contraer o VIH. Se o estudo ten éxito a vacina estará dispoñible a comezos do próximo siglo.
Berta Escurís Rodríguez.
Sabela López García.