Trastornos no sono, debe preocuparnos?

insomnio.jpgÉ preciso que todos nós cumplamos as horas de sono estipuladas para cada un xa que é primordial o descanso para levar unha boa vida  ou desempeñar un traballo satisfactorio, aínda que ás veces descoidámonos e descansamos mal, debido a unha inxesta excesiva á cea ou porque quedamos despertos ata tarde sen ter en conta que estamos alterando o ciclo do sono, que unha vez que este se rompe, desvelámonos e, para o que para persoas  non implica maiores problemas, para outras si supón serios inconvintes, porque cada un é dono do seu corpo e coñece as horas que necesita para ter o corpo descansado.

Entre as alteracións máis frecuentes deste tipo destacamos o insomnio, narcolepsia, sonambulismo, etc…

O insomnio é o problema de sono máis común entre os adultos deste país.  É a síntoma ou doenza de sono insuficiente, intranquilo, de mala calidade ou non restaurador. Tamén é importante coñecer o tipo e a causa do insomnio para tratalo mellor. Hai distintos tipos de insomnio: Clasifícanse según a duración do trastorno, según a gravidade coa que se presenta e según o horario no que se presenta. Débese a situacións de extrés máximo; debido a preocupacións familiares, económicas, etc…, malos hábitos alimenticios , consumo de substancias excitantes do sistema nervioso(té, café, alcohol, tabaco…), conxestión nasal, efectos secundarios dos medicamentos…

A narcolepsia tamén é coñecida por epilepsia do sono ou síndrome de Gelineau. Catacterízase pola presencia de accesos de sono incontrolado durante todo o día. Pode cursar con alucinacións hipnagóxicas e cataplexía.

Cando unha persoa está desperta, as ondas cerebrais mostran un ritmo regular.  Pero cando dorme, estas ondas vólvensesonambula_1.jpg máis lentas e menos regulares.  Este estado denomínase NREM, despois de máis ou menos unha hora desono NREM, comeza a chamada fase REM, de sono profundo. Na narcolepsia, o orden e a lonxitude dos períodos de sono NREM e  REM están perturbados. Todo isto leva consigo a : O soño nocturno non inclúe suficiente sono profundo así que o cerebro trata de compensar ese déficit durante o día, os narcolépticos caen repentinamente no que parece un soño moi  profundo e despertan totalmente desorientados e os soños parécenlle  moi vívidos.

O sonambulismo, é un  trastorno que lle ocorre a persoas cando camiñan  ou realizan outra actividade estando aínda durmidas. A causa do sonambulismo en nenos non se coñece moi ben pero posiblemente se asocia a fatiga, falta de sono ou ansiedade e nos adultos relaciónase con trastornos mentais, reaccións a drogas  ou ó alcohol e a convulsións parciais ou complexas.

Parece darse con máis frecuencia entre nenos de 4 a 8 anos, e pénsase que é hereditario.  Cando unha persoa padece esta  enfermidade está cos ollos abertos mentras está durmido, con expresión facial ausente, camiña mentras dorme e non se lle entende o que di , ademáis estas persoas non se acordan do sucedido a noite anterior e móstranse desorientados ó erguerse.

Estefanía López Rodríguez. 1ºB.