Todo por chegar a alcanzar un prototipo

Os anuncios e películas da televisión presentannos imaxes de rapaces e rapazas con corpos ideais comendo cousas como patacas fritas, xeados, hamburguesas e todo ese tipo de comidas, que nos farían engordar, así prodúcennos unha motivación cara ao consumo de ditos alimentos. Como consecuencia, tras ter inxerido todo o que nos incitan a comer, a nosa preocupación será ter un corpo ideal, como pode ser o dos modelos dos anuncios xa nomeados, que nalgúns casos padecen enfermidades alimentarias, e moita xente que quere parecerse a ditos prototipos acaba padecendo tamén.

Podemos nomear algunhas enfermidades de transtornos alimentarios como son a anorexía e a bulimia, enfermidades que os levan a facer actos como non comer, vomitar ó que xa se comeu ao introducir os dedos na boca para provocalo,etc. Polo que non é só no tercer mundo onde a xente morre a causa da alimentación.

A anorexia é unha enfermidade que adoita afectar principalmente as mulleres e adolescentes.  Estes transtornos alimentarios poden deberse a causas fisiolóxicas, como unha gastroenterite, ou a causas psicolóxicas, xeralmente dentro dun cadro depresivo. Esta desaparece cando cesa a súa causa, pero aínda así é moi díficil. Podemos atopar numerosos tipos de anorexia pero todos se caracterizan polos mesmos síntomas, excepto a vigorexia que se caracteriza por un trastorno obsesivo pola actividades física.

imagen

  A bulimia é un transtorno psicolóxico e alimentario. Tratase, así, dunha conducta durante a cal o individuo consume alimentos en exceso en períodos curtos de tempo, o que o fai máis tarde sentir unha culpabilidade e sensación de angustia, para despois tratar de eliminalo exceso a través de vómitos, purgas (que o presenta o 80-90% das persoas que o padecen e van recibir tratamento), laxantes… Os individuos que padecen esta enfermidade intentan ocultar os síntomas, por exemplo, pegándose os atracóns a escondidas e disimuladamente.

Estes transtornos son producidos pola idea de que solo a través da delgadez e o atractivo se pode triunfar na sociedade. Así presentanse xunto con un forte sentimento de inseguridade e con problemas graves de autoestima, en relación directa coa masa corporal ou coa imaxe física. É frecuente que as persoas con ditas enfermidades descendan de familias disfuncionais. Moitas deslas presentan incluso a incapacidade de expresar emocións de maneira consciente.

As persoas que padecen ditas enfermidades suelen ter un corpo delgado, nalgúns casos esaxeradamente, sen embargo, cando están frente un espello vense gordas e feas.

Creado e publicado por: Ángela Fernández Ríos e Vanesa López Lijó (1º Bach. A)

 

Tags: , , , ,