O futuro da biotecnoloxía nas vacas

A clonación é un tema polémico cando aparece na sociedade. No entanto, se o proceso é usado correctamente, pode ofrecer uns resultados moi interesantes. As aplicacións médicas deste proceso poden contribuír á xeración de novos medicamentos. En Corea do Sur, por exemplo, están facendo un importante progreso en termos de clonación veterinarios e de cara ó futuro estase pensando especialmente en vacas. A idea é crear unha vaca en versión transxénica para producir leite con proteínas humanas que poderían ser utilizados para tratar certas enfermidades. No papel a idea é unha mostra realmente sorprendente, e de lograrse permitiríase previr enfermidades coma o lupus  e desenvolver uns métodos de tratamento máis eficaces. O problema que aflixe ós expertos é a moral da situación, xa que a clonación non é vista con bos ollos en moitas sociedades.

imagen

Diego Otero Vázquez e Ester Perrino Martínez