Novo fármaco contra o cancro de mama.
No seu desenvolvemento participaron investigadores do grupo de cancro de mama do “Instituto de oncoloxía Vall d’Hebron de Barcelona. Contou coa colaboración de 762 mulleres (previamente tratadas entre dous e cinco ciclos de quimioterapia) de mais de 130 centros sanitarios de 12 países, este fármaco pode mellorar en máis ou menos dous meses a sua esperanza de vida. Este fármaco extráese dunha esponxa mariña, moi velenosa que se atópa sobre todo na costa xaponesa do Pacífico.
O director da unidade de cancro de mama do Vall d’Hebron explica que este medicamento ten un mecanismo de doble acción, por unha banda impide que as celulas tumorais se poidan dividir, esto xa se conseguía con outros tratamentos de quimioterapia, pero ademáis a eribulina que contén este fármaco únese á tubulina (unha proteína esencial para o esqueleto interno da celula) que matan a celula tumoral.
A “FDA” (o órgano de control de medicamentos en Estados Unidos) xa autorizou a venta do fármaco, comercialízao o laboratorio xaponés Eisai, baixo a marca Halaven. En Europa é moi posibel que esté aprovado pola axencia do medicamento en Xuño.
Xa exíste outra medicación antitumoral autorizada que tamén apareceu no fondo mariño, trátase de Yondelis, producida pola empresa española PharmaMar, que se usa para tratar sarcomas e cáncro de ovario.