Fin do tabaquismo pasivo nos bares.

imagen O pasado mes de xaneiro entrou en vigor unha lei antitabaco que impide ós fumadores fumar dentro dos bares, se o fan terán unha multa eles e os donos dos locais. Esta lei é moi positiva para a saúde da poboación en xeral. Beneficia especialmente ós traballadores de hostelería que levan anos respirando o fume do tabaco que outros fuman. A lei xerou moito malestar entre moitos dos fumadores que tiñan nos bares un lugar cómodo para fumar, e que non consideran que o tabaco sexa unha ameaza nin para a súa saúde nin para a dos demais. Ou polo menos non superior a outras substancias que contaminan a atmosfera. Vou aportar algúns datos sobre  os efectos nocivos do tabaco.

O tabaquismo é unha adicción ó tabaco que consiste nunha dependencia cara ao mesmo que produce unha intoxicación do organismo, que diminúe a saúde do fumador, propicia a aparición de enfermidades e reduce a esperanza de vida dos fumadores.

O tabaquismo pasivo é involuntario, e é a exposición ó fume de segunda man, tamén chamado fume ambiental de tabaco. Este fume é unha mesturanza do fume que exhalan os fumadores e do que emanan os cigarrillos, puros…

Síntomas do tabaquismo: necesidade de fumar, imposibilidade de abandonar o hábito de fumar, tos pola mañá, silbidos no peito, cansancio xeral, bronquitis, mans ou pés fríos, etc.

Síntomas do síndrome de abstinencia: mal carácter, imposibilidade de dormir, vómitos, diarreas ou estreñimento, obesidade.

Consecuencias do fumar: 

-Cáncro de pulmón.

-Enfermidades do aparello circulatorio.

-Enfermidades do aparello respiratorio.

-Enfermidades do aparello dixestivo.

-Enfermidades da pel.

-Causa impotencia masculina (estreita os vasos sanguíneos do pene)

-Tóxicoloxía xeral do organismo.

En definitiva, o tabaco é extremadamente prexudicial para a saúde dos fumadores e da xente que os rodea como anciáns ou mulleres embarazadas e os seus fetos; e esta lei é o mellor que lles puido pasar a estas persoas se nos referimos a este ámbito.

 

Unha resposta a “Fin do tabaquismo pasivo nos bares.”

  1. jose_perez Dixo:

    Ai que ben o fixen!