As alerxias

Unha alerxia é unha hipersensibilidade causada cando un suxeito alérxico inhala, inxire ou toca unha substancia (denominada “alérxeno” ) que lle causa unha reacción patolóxica do tipo inmunolóxico. Este sofre unha alteración, debido a que responde a unha “falsa alarma” cando entra en contacto co alérxeno. A substancia, que en condicións normais non sería nociva, reaciona producindo anticorpos que atacan ao alérxeno.Os alérxenos máis comúns son o polen, o mofo e o polvo. Tamén son moi comúns as reacións alérxicas a certos tipos de comidas, medicamentos, picaduras de insectos, cosméticos… Incluso algunhas persoas teñen reacións similares ás alerxias frente a cambios bruscos de temperatura.

imagen

imagen

No tocante aos síntomas que producen no enfermo, os máis comúns son aconxestión nasal, picazón na gorxa e nariz, erupción cutánea, urticaria…As probas cutáneas son o método máis común de probas alérxicas. Unha delas é a proba de punción que consiste en colocar sobre  a pel unha pequena cantidade das substancias alérxenas sospeitosas e logo punzar lixeiramente a área de tal maneira que a substancia penetre debaixo da pel.Vixilase a pel moi de cerca na búsqueda de sinais dunha reacción, como hinchazón e enroxecemento.

Unha alerxia específica polo xeral non é herdable. Porén, se os dous pais teñen alerxias as posibilidades de que os seus fillos as teñan é maior. Se é a nai a que sofre a alerxia as probabilidades son maiores.

A maioría das alerxias pódense tratar sen dificultade cos medicamentos axeitados.

Algúns nenos poden superar unha alerxia co tempo, o cal é particularmente certo coas alerxias aos alimentos. Sen embargo, como regra xeral, unha vez que unha substancia provoca unha reacción alérxica, segue afectando a  persona en cuestión.

As vacinas antialérxicas son máis efectivas cando se utilizan para tratar a aquelas persoas con síntomas de rinitis alérxica e alerxias severas as picaduras de insectos. Non se usan para tratar alerxias aos alimentos debido ao perigo de unha reacción severa. Estas vacinas poden exixir  anos de tratamento, pero surten efecto na maioría dos casos.

Raquel 1ºB

 

Tags: