A obesidade infantil, como previla?

bebes_obesos.jpgUn dos problemas que máis está preocupando á sociedade é a obesidade infantil. A principal causa é o sedentarismo porque hoxe  en día os nenos e non tan nenos teñen unhas prácticas pouco saudábeis como por exemplo: unha mala alimentación, pouco exercicio físico e unha grande dependencia dos videoxogos,  e de calquera outra actividade que non requira moito movemento. É o chamado “sillón-ball”.

Este problema debe ser combatido nos primeiros anos de vida. Por isto os pais deben ensinar aos seus fillos a ter unha boa  alimentación e a practicar algún deporte. Como din os especialistas e os documentados neste tema para erradicar a enfermidade coinciden en varios métodos, un deles trátase de que o neno obeso debe ter unha gran forza de vontade para poder adquirir hábitos saudábeis aínda que o problema xa pode vir dado da xenética familiar.

Sigue_la_pir__mide_alimenticia_y_lleva_una_dieta_perfecta.jpg

Outro aspecto destacado é o acoso escolar por parte dos compañeiros xa que nesas idades pouco importa o interior da persoa e son obxetos de risa e burla, sen pensar previamente os danos psicolóxicos que poden ocasionarlles  posto que  ese acoso pódelles repercutir de algunha maneira ao longo da súa vida.

Se queres saber o teu índice de masa corporal entra en IMC.

Rebeca Olveira Sánchez, Estefanía López Rodríguez y Carla González González. 1ºB.