A asma, unha simple enfermidade que ten cura?
Hoxe por hoxe non podemos falar de curar esta enfermidade, pero o que si podemos decir é que é posible controlala, mantendo sobre todo aos nenos e aos adolescentes sen ningún tipo de síntoma e permitíndolles realizar unha vida aparentemente normal. Diversas teorías din que o grado de enfermidade que se terá de maior dependerá do control que levemos, por iso é importante tratala adecuadamente en cada etapa da nosa vida.
A asma é unha enfermidade crónica dos pulmóns que causa a inflamación e o estreitamento das vías respiratorias. Esta enfermidade pode presentarse en calquera momento e ocasiona varios sintómas como as presións no peito, silbilancias, dificultade ao respirar e ante todo tos, aínda que tamén poden producirse debido a certos estímulos como o polen, a contaminación, o exercicio físico, o humo e incluso a risa entre outros que moitas das veces provocan crisis asmáticas.
Durante un ataque de asma, os músculos lisos que se localizan nos bronquios do pulmón, contráense e reducen o fluxo de aire e aínda poden diminuír todavía máis pola inflamación ou o exceso de mucosidade.
Como ben é sabido a asma é unha enfermidade inflamatoria polo que hoxe en día o único tratamento eficaz en tódolos nenos/adolescentes é o uso de medicamentos antinflamatorios inhalados como por exemplo o Ventolín, este tipo de inhaladores tómanse durante meses ou incluso anos e o seu tratamento non produce ningún tipo de efectos secundarios no desarrollo humano. Este é un dos únicos tratamentos para esta enfermidade posto que os antibióticos non teñen ninguna indicación no tratamento da asma. No seguinte video podemos ver o proceso que hay que realizar para tratar a asma:
A asma é tan frecuente que xa estamos acostumados a convivir con ela, posto que o seu tratamento fai que podas facer unha vida aparentemente normal sen ningún tipo de altibaixos, aínda que tamén débese de estar a alerta porque en calquera momento pódenos vir unha crise asmática e é preciso actuar o máis rápido posible.
De todolos xeitos, aínda que controlala poida levar o seu tempo e enerxía, o esforzo vale a pena.
Rebeca Olveira Sánchez . 1°B