Enerxía nuclear, si ou non?

A pesar de ser un tema predicible e moi falado nos últimos dias, gustariame saber a opinión da xente sobre a enerxía nuclear.

Estiven investigando por foros e todo tipo de páxinas nas que a xente pode opinar, incluso en foros que non teñen nada que ver co tema e deime conta de que a xente confía moito, quizais demasiado, na enerxía nuclear.

Hoxe en día a gran maioría da poboación confía na enerxía nuclear, pero todos a queren a miles de quilómetros da súa casa. No noso país non é necesario este tipo de enerxía, asique, por qué correr riscos? por qué arriscarse a destruir todoa a poboación?  Esta é a opinión dun sector da poboación a cal os pro nucleares califican de opinións extremadamente ecoloxistas e sin sentido.

Pero, cales son os criterios dos defensores dos pro nucleares? A sua frase mais repetida é:

“Queremos postos de traballo”

ainda así, vale a pena correr ese risco? Co que está acontecendo actualmente en Fukushima as persoas que están a favor desta enerxía defenden que en Fukushima temos un claro exemplo da seguridade das centrais devido a que esta central puido soportar un gran terremoto e un gran tsunami.

Que podería chegar a acontecer se a entral de Fukushima quedara totalmente destruida?

Xapón é un país cunha densidade de poboación extremadamente elevada e para surtir de enerxía a todo o país necesitanse fontes de enerxía mucho más potentes, de ahí a elección da enerxía nucelar.

A gran duda é: Necesitamos no noso país  este tipo de enerxía? A opinión queda nas mans da poboación, eu non  creo que sexa necesario ese tipo de enerxía devido ós riscos que conleba e ós resituos que esto xera

Unha gran parte de expertos non se atreven a dar a súa opinión sobre a enerxía nuclear, xa que non a aceptan pero tampouco defenden outra fonte de enerxía, devido a que o gran crecemento da poboación e da industria esixen tamén o crecemento da produción de enerxía

QUE OPINAS TI? MERECE A PENA CORRER ESE RISCO?

a continuación deixovos un esquema para que poidades facervos unha idea dos países que máis usan a enerxía nuclear

imagen

Este é un tema moi falado actualmente, pero quizáis sexa menos do que devería, xa que por moi seguras que sexan as centrais nucleares, sempre corremos risco…

Carlos Rey González 1ºD

 

Tags: