Análises dos fluídos humáns. Adiantos e curiosidades interesantes.

 

 

 É incrible coma cunha simple análise de sangue se poden detectar certas enfermidades incluso 5 anos antes, de declararse e como tamén con certas análises de sangue podemos evitar certos riscos coma o aborto en posibles casos de síndrome de down (cando se fai a amniocentése), e aforrarnos tempo no diagnóstico e seguimento de cancros e así poder ser mais rápidos no seu tratamento. Tamén as análises de ouriño xogan un gran papel nos nosos diagnósticos; e aquí mostrareivos os últimos adiantos e tecnoloxía nas análises de fluídos. Verdadeiramente esperanzador.

imagen

 

 Parece que non ten nada que ver o ouriño co colesterol acumulado nos vasos sanguíneos. Seguramente pensaremos que a maneira mais doada de adiviñar esta enfermidade é a tradicional: raios X. Pero a realidade é a mellor maneira que podería ser: moito mais cómoda e sen métodos intrusivos.

Con só analizar as proteínas presentes no ouriño poderase diagnosticar no futuro a arterioesclerose e a enfermidade arterial coronaria, según o estudo do hospital universitario de Friburgo.

Os investigadores dirixidos por Constantin von zur Muehlen, descubriron que certos fragmentos de proteínas só se atopaban nos pacentes con enfermidade da arteria coroaria.“A eficacia do patrón proteómico de ouriño para identificar a enfermidade arterial coroaria foi do 84%”, explica Muehlen. “É doado de usar, mostra unha alta reproductividade e nos produce ningún dano” Concúe Muehlen. Unha gran noticia que nos aliviará de probas molestas e permitirá un mais rápido diagnóstico. Ben polo hospital universitario de Friburgo!

 

imagen

E falando de ouriño, boa nova! Con só un test de ouriño poderemos diagnosticar o cancro de vexiga. O departamento de Anatomía Patolóxica da universidade de Córdoba desarrollou un test diagnóstico en ouriño para o cancro de vexiga que terá, “como mínimo” as mesmas ventaxas cas probas tradicionais. Ademais, tratase dun método non invasivo e menos costoso cas habituais citoscopias. No análise de ouriño mídense os niveis de proteínas coma o factor de crecemento fibrolástico e a ciclina D3; se a súa presencia é moi elevada servirán como marcadores para este tipo de tumor.

imagen

O cancro, unha das principais causas de morte do mundo…estamos avanzando. O cancro correctal afecta aproximadamente a unha de 17 persoas. É a segunda causa de morte por cancro en Estados Unidos e en Europa. As mortes poden reducirse se o cancro se diagnostica nas súas primeiras fases. Aínda que probas actuales coma colonoscopia son efectivas poden ser invasivas, caras e desagradables. No ano 2009, o Centro para Menciña Molecular Max-Delbrueck en Berlín, atoparon o modo de facer novas análises de sangue que poderían axudar ós médicos a detectar cancros de colon e de estómago de forma sinxela, barata e nas súas primeiras fases. Estudiaron probas de sangue diarias en 185 pacentes de cancro de colon , 190 con cancro rectal e 91 pacentes con cancro gástrico. Tamén analizaron sangue de 51 voluntarios sin tumores. Descubriron un indicio do xen S100A4 en niveis significativamente mais altos en aqueles que tiñan cancro. Os niveis eran mais elevados en aqueles cuxo cancro estaba mais extendido.

imagen

Van Leeuwenhoek, en 1653 inventou o microscopio. Dende aquela puideron ser posibles os análises de sangue. A novedade que vou a escribir trata tamén das análises de sangue e do cancro; pero do cancro de pulmón. Unha análise de sangue que permitirá detectar o cancro de pulmón dende a fase inicial. Foron os científicos do instituto Winstar os que a atoparon. Os investigadores realizaron unhas duascentas análises de sangue a pacentes que tiveran esa doenza e a oitros que sufriran oitras enfermidades pulmonares non malignas. Gracias a este estudo, descubriron que eran capaces de diferenciar a 137 pacentes con tumores, cun grao de acerto do 86%. Isto se conseguiu gracias á identificación de 29 marcadores xenéticos. Mais adiante efectuouse unha segunda análise en pacentes que foran operados deste tipo de cancro e en 13 dos 18 detectouse unha disminución ou unha completa desaparición dos marcadores antes mencionados. Esta sinal é a que deben buscar para detectar o tumor na súa etapa inicial.

 

imagen

 

 

 Un bo traballo, incrible: En Boston, unha análise de sangue tan sensible que pode detectar unha soa célula de cancro. Esta proba está mais preto de atoparse na consulta do médico, axiízando os diagnósticos para favorecer o recibimento dos tratamentos apropiados e a tempo dos pacentes  de moitos tipos de cancro, especialmente o de mama, próstata e colon, e averiguar rápidamente se estan traballando os tratamentos recibidos. Verdadeiramente un milagre da ciencia, que ademais evita a toma de mostras de texido con dor.

 

imagen

Polo alento! quen o diría! que cun test de alento poderíamos diagnosticar distintos cancros, hepatite, cirrose e diabetes! estamos no século XXI, e isto ten as súas ventaxas.O 14 de Febreiro de 2011, Investigadores da universidade de Swansea (Reino Unido) estan empregando instrumental e equipamento de vangarda para desenrolar unha proba de alento que permita diagnosticar enfermidades coma a diabetes e o cancro. Según o investigador, a diabetes está, por exemplo, relaccionada cun olor doce e acetona; a hepatite, cun olor a amoníaco; a cirrose, cun olor a sulfuro de dimetilo.Tamén hai certos compostos que parecen marcar tipos concretos de cancro.

imagen

Os nosos maiores, o tesouro de cada familia. Poderemos planificar e prepararnos para a enfermidade do parkinson dende varios anos antes.                                                                                                                                                                                                         O 20 de xaneiro de 2011 nace este novo método, trátase dunha proba en sangue basada na detección de metabolitos de dopamina oxidada no plasma de pacentes.

imagen

08 de outubro de 2010, universidade de Texas Southwestern Medical Center. Atópase unha nova proba de sangue para diagnosticar o Alzheimer; unha enfermidade moi difícil de diagnosticar antes de atopar esta análise, especialmente na súa etapa inicial, cando se asemella a outros problemas cognitivos. As probas para a enfermidade do alzheimer son a miúdo costosas ou invasivos, e moitos pacentes non son capaces ou dispostos a someterse a elas. O “quiz” atópase en certas proteínas que se atopan no soro sanguíneo que se demostraron coma novos biomarcadores nos esforzos actuais para detectar definitivamente a enfermidade do alzheimer, xunto cos resultados dun exame clínico, o análise de sangue daría unha tasa de 94% de precisión na detección de sospeita da enfermidade de alzheimer.

imagen

 

 

A posible clave do autismo. En nova Yersey, os investigadores din que no futuro o risco dunha persoa para o autismo poderíase medir cun simple análise de ouriño que buscaría altos niveis de “malas” moléculas graxas, ou un análise de sangue que podería revelar problemas xenéticos, incluíndo a ausencia dun xen dominante, chamado GSTM1, que é o responsable de metabolizar as boas graxas. Atoparon que os nenos con autismo non poden metaboizar os ácidos graxos dominantes que axudan ó corpo a loitar contra a inframación que causa dano ó cerebro e a oitros órganos.Probarase a administrar ós nenos doses de ácidos graxos bos para ver se teñen algún efecto notabre nos estados cognoscitivos, sociais e de comportamento. Esperemos que esta sexa a solución.

imagen

 

 

Aforrarnos a arriscada proba da amniocentese? Saber por unha simple análise do sangue da nai se o bebé terá sindrome de down, cun 98% de probabilidade de acerto? Incrible pero certo! O 17 de xaneiro de 2011, na universidade de Hong Kong, China, atopou este novo método.“É unha noticia esperanzadora, porque o seu uso pode evita-los riscos da técnica que se emprega actualmente, a amniocentese”, afirmaron os investigadores da universidade de Hong Kong, China.Coa nova e tan agardada proba, podería desaparecer o risco de aborto. O médico extraería unha mostra de sangue da nai, para analiza-lo ADN do feto con técnicas de secuenciación masiva. Con este material xenético comprobase se o cromosoma 21 presenta tres copias(trisomía) en lugar de dúas. Así o fixeron os científicos con 753 mulleres en estado coa probabilidade de dar a luz un fillo con síndrome de down.

imagen

 

A última tecnoloxía ó noso alcance. O dispositivo Lab-on-chip promete o diagnóstico do VIH e a tuberculose en 10 minutos.         5 de marzo do 2011. O dispositivo «lab-on-chip” é totalmente auto-amplificado,utilizando as diferencias de presión e gravidade para separar os compoñentes dunha pequena mostra de sangue. Na práctica, o dispositivo debería reducir a probabilidade de contaminación da mostra, aumentar a calidade e axudar a eliminar os errores debidos á manipulación da mostra.“Imaxínese se vostede tivera algo tan barato e tan doado de utilizar coma unha proba de embarazo, pero que rapidamente podería diagnosticar o VIH ou a tuberculose. Se poderían salvar millóns de vidas”, dixo Benxamín Ross, de Berkeley. E eu digo: “totalmente alucinante.”  Que dicides vós?

 

imagen

 

  Aquí remata a miña investigación sobre as análises de fluídos humans. Espero que vos teña entretido tanto coma a min, é que,      verdade, é moi gratificante enterarse de todos estes adiantos. Tan interesante coma a curación é o diagnóstico; porque sin el, os médicos non poderían facer nada; e tan importante coma o diagnóstico é a velocidade na que se faga, sobre todo en casos graves. Neste post puidemos comprobar os fascinantes adiantos, tanto na rapidez coma nos achácegos. Esperemos que a ciencia, neste e en todo-los campos siga sorprendéndonos coma ata agora, en cada momento, en toda-las partes do mundo. Noraboa ciencia do século XXI! E saúdos a todos e coidádevos!

 

imagen