A parte oscura do noso universo

Un buraco negro é un obxecto celeste cunha densidade tal que a curvatura do espazo  está pregada sobre si, polo que están illados do universo exterior e nin sequera a luz (ao viaxar en liña recta, en realidade unha xeodésica, e estar o espazo curvo sobre si) pode fuxir. De aí o nome, xa que non só non emiten luz senón que absorben todo tipo de radiación ou materia que se achegue demasiado.

Pénsase que o feito de que a luz caia dentro destes obxetos é debido á súa enorme densidade, aínda que o feito é que os fotóns (Partículas mensaxeiras da radiacion electromagnética) non teñen masa en repouso, senón só enerxía en movemento, véndose afectados pola gravidade a efectos desta.



imagen

Esta imaxen é unha imaxen virtual que recrea un gran buraco negro.

 

Poden existir polo menos tres clases de buratos negro:

  • Unha clase é a dos buratos negros primordiais orixinados cedo na historia do universo. As súas masas poden ser variadas e ningún foi observado ata o de agora.
  • Tamén existen buratos negros supermasivos, con masas de varios millóns de masas solares. Estes fórmanse no mesmo proceso que dá orixe ás compoñentes esféricas das galaxias.
  • Por ultimo, outra clase é de buratos negros de masa solar. Un destes fórmase cando unha estrela de masa 2.5 maior ca do Sol esgota a enerxía necesaria para manter as reacións nucleares que evitaban que a estrela se derrubara sobre si mesma, convértese en supernova e estoupa. O seu núcleo concéntrase nun volume moi pequeno que cada vez vaise reducindo máis, polo que a masa nese punto é capaz de orixinar unha rasgadura no tecido espazo-tempo.

Por: Daniel Pérez Romero

Andrés Díaz Fandiño