A boa constritor pode ter crías sen aparearse
Nun descubrimento que dá unha volta a décadas de teorías científicas sobre réptiles, investigadores da Universidad North Carolina State descubriron que as boas constritor femias pódense reproducir sen aparearse.
As crías de esta reprodución asexual non mostran ningunha influencia masculina, non hai pegada xenética de que un macho intervira no proceso, todas as crías femininas conservan unha estraña cor de pel recesivo da nai.
Esta e a primeira vez que a reprodución asexual se atribúe a boa constritor, de acordo o estudo publicado en Biology Letters. Estes resultados poden facer que os científicos volvan a examinar a reprodución dos reptes, sobre todo os máis primitivos.
Os cromosomas sexuais das serpes son un pouco diferentes os dos mamíferos. Os dos cromosomas sexuais dos machos son Z, mentres que as femias teñen un Z e un W, pero no estudo de todas as crías femias producidas por reprodución asexual había dous cromosomas W, un fenómeno que nunca se vira antes e crerase imposible. Só se vira en manipulacións xenéticas, e aínda así só se vira en peixes e anfibios.
É posible que esta serpe sexa unha especie de fenómeno xenético da natureza, pero dise que a reprodución asexual nas serpes pode ser máis común do que se pensa.
Tags: boa constritor, serpes