Un planeta que veu de máis alá da nosa Vía Láctea


 O venres 19 de novembro, despois de moitos anos descubrindo novos planetas na nosa galaxia, os cientifícos acaban de descubrir o primeiro planeta extragaláctico coñecido, pero non porque estea situado fóra da Vía Láctea, senón que os expertos afirman que constitúe o primeiro planeta que non pertence a nosa galaxia, xa que a pesar de que este se atope dentro da Vía Láctea, os investigadores aseguran que o sistema solar ao que pertencía este astro orixinouse noutra galaxia e despois foi engulido pola nosa.

imagen

O novo planeta xira arredor dunha estrela procedente do que se coñece como a corrente Helmi, un conxunto de estrelas que orixinalmente pertenceu a unha galaxia anana á que devorou a nosa galaxía hai entre 6000 e 9000 m.a. Este planeta, bautizado co nome de HIP 13044 b, situado a 2.000 anos luz de distancia xirando arredor de dita estrela chamada HIP 13044 e ten unha dimensión 20 % maior a de Xúpiter, foi descuberto polos científicos do Instituto de Astronomía Max Planck, de Alemania.

Reiner Clement, expresou nun comunicado: “Este descubremento é moi emocionante, xa que por primeira vez, os astrónomos detectaron un sistema planetario nun conxunto estelar de orixe extragaláctico. Debido as grandes distancias non hai unha confirmación de existan planetas noutras galaxias, pero unha fusión cósmica trouxo un planeta extragaláctico ao noso alcance”.

imagen

Os investigadores aseguran que o astro tamén é un dos poucos planetas coñecidos que sobrevivíu ao período de expansión da súa estrela, despois de que esta se lle esgotara o seu combustible de hidróxeno no núcleo. Co que se producíu que a estrela se contraera e así se convirtira nunha xigante vermella.

Johny Setiawan, tamén do Instituto Max Planck, agregou: “este descubrimento é intrigante cando consideramos o futuro distante do noso propio sistema planetario, ante as previsións de que o Sol tamén se convirtirá nunha xigante vermella en uns 2.000 m.a.”

imagen

Creado e publicado por: Vanesa López Lijó e Ángela Fernández Ríos