O sprint final dunha estrela

Pulsar

 Un púlsar é o resto dunha supernova, unha estrela xigante que estoupou, que emite radiación periódica e posúe un intenso campo magnético. Esta explosión mandaría parte da masa estelar ó espacio  en todas as direccións como unha masa de gas e de po en expansión mentres as porcións centrais quedarían reducidas a unha estrala neutrónica extremadamente densa e pequena en ocasións formaría un burato negro. A estrela orixinal tería certa cantidade de movemento angular e a súa cantidade de materia dependería do índice de rotación da distancia media da materia contida desde o eixe de rotación. O seu diámetro está entre os 6 e 20 Km. As estrelas de neutróns poden xirar sobre si mesmas hasta varios centos de veces por segundo  a velocidades de hasta 70.000 km/s. Por exemplo o PSR  B0329+54 trátase dun púlsar situado cerca da constelación de Auriga , que xira cerca de 1,4 veces por segundo, é esta outra (XTE J1739-285) bateu o record de velocidade, xirando 1.122 veces por segundo.

Unha noticia de última hora infórmanos dunha estrela de neutróns ( J1614-2230 )  que ten o dobre de masa que o sol e supera por máis dun 20% no tamaño a  calquera outra estrela de neutróns.