Gliese 581g, planeta similar á Terra
Un equipo de astrónomos estadounidenses afirman ter descuberto un exoplaneta arredor dunha estrela situada a uns 20 anos luz de distancia da Terra e cunha masa de entre tres e catro veces a do noso planeta. O corpo está orbitando arredor do astro Gliese 581, a unha distancia que os astrónomos denominan zona habitable porque nela podería haber auga líquida e as condicións apropiadas para o ser humano, iso non significa que sexa un lugar onde poidan vivir os humanos, advirte a NASA. . Se se confirma o achado, comentan os astrónomos da Universidade de California en Santa Cruz, sería o planeta extrasolar máis parecido á Terra de entre os 374 achados ata agora e o mellor candidato como lugar susceptible de albergar vida. A habitabilidade depende de moitos factores, pero que poida ter auga liquida e unha atmosfera e o mais importante
O planeta Gliese 581g é o sexto que se descobre arredor da estrela anana vermella Gliese 581. Debe ser rochoso, de tamaño superior á Terra e de suficiente gravidade como para reter unha atmosfera. Dá unha volta ao astro cada 37 días, pero ten unha característica particular: non xira sobre o seu eixe senón que sempre presenta a mesma cara ao astro (como a Lua con respecto á Terra,pero esta si que rota) , polo que no medio planeta o día é eterno e no outro medio a escuridade é constante.Utilizaron o gran telescopio Keck I, de Mauna Kea (Hawai) e a investigación foi financiada pola National Science Foundation e a NASA.
Arnaud Barthel e José Guimarey