Futura vida noutros planetas.

imagenGrazas a algúns descubrimentos feitos polos astrónomos , podemos dicir que hai cerca do 25% de estrelas parecidas a o Sol que poderían ser habitables. Para chegar a esta conclusión tiveron que observar unhas 166 estrelas do tipo G(amarelas coma o Sol) e K(vermellas ananas).

As súas observacións anteriores eran moi pouco precisas e agora as novas técnicas van permitir encontrar planetas habitables como a Terra sen mirar moi lonxe. Se os exoplanetas se encontraran máis afastados das estrelas probablemente houbera máis posibilidades de que se pudera habitar nel.

Kepler é o nome dun satélite artificial en órbita do Sol para os planetas extra-solares, especialmente aquelas de tamaño semellante ao da Terra, realizando o que se coñece como misión Kepler. Foi lanzado pola NASA en Cabo Canaveral, na mañá de 06 marzo de 2009, nun modelo de foguete Delta II.
A nave ten un tamaño de 4,7 m de altura e 2,7 m de diámetro e pesa 1,039 kg, sen contar con máis de 10 kg de propelente hidracina usada.  O telescopio, montado nunha estrutura hexagonal de aluminio, ten 10 m2 de paneis fotovoltaicos que xeran un kW de electricidade para a nave espacial. A duración prevista da misión é de 3 anos e medio, cunha posible extensión para seis anos. O custo da operación se estima en 600 millóns de dólares  e emprega 200 científicos.