O Río Amazonas sécase.
Un dos principais afluentes do Río Amazonas está secándose e acadou os niveis máis baixos no último século. Isto, provoca unha gran seca que preocupa a miles de habitantes e tamén aumentou a súa preocupación polo cambio climático na rexión.
A forte seca está afectando á zona norte do territorio brasileiro, a súa profundidade reduciuse nos últimos días a 13,63 metros, un centímetro menos ca en 1963, cando acadara o seu nivel máis baixo.
Os ríos da zona tamén viron descender o seu caudal, o que provocou que quedasen illados os habitantes das aldeas cercanas porque as súas barcas quedaron encalladas e por culpa diso nos lles chega a comida. Isto afectou a 62 municipios e 62.000 familias da zona.
As comunidades máis vulnerables encóntranse illadas por causa da falta de auga navegable e como axuda reciben cestas básicas (comida, medicamentos, productos hixiénicos…). Estas envíanselle mediante helicópeteros.
Os meteorólogos non teñen as mesmas opinións, uns apuntan como os principais responsables os furacáns do Atlántico, que puideron diminuír a humidade do Amazonas, mentras que outros culpan os incendios, os cales fan que disminúa a choiva. Incluso sospeitan que os efectos do quentamento global esán cambiando o modelo climático da zona.
Julia Otero e David Laíño 1ºB