A orixe da materia, o Bosón de Higgs

imagen

Os bosón de Higgs son unhas partículas elementais hipotéticas  intuídas polo modelo estándar da física de partículas. É a única partícula do modelo estándar que non foi observada ata o momento, pero desenvolve un papel importante na explicación da orixe da masa doutras partículas elementais.

Un bosón (chamado así en homenaxe ao físico indio Satyendra Nath Bose) é unha partícula que poden dar lugar a un novo estado da materia chamado condensado de Bose-Einstein no cal un número indeterminado de partículas poden estar en estados cuánticos superpostos. Os fotóns son bosóns e poden agruparse en idénticos estados. Ademais unha consecuencia importante desta propiedade é que as súas funcións de onda son simétricas.

Tódalas partículas elementais son bosóns. En física de altas enerxías e de partículas dise que os bosóns son os mediadores de forza. Porén, toda interacción leva asociada o intercambio dunha partícula que sempre será un bosón.

As partículas compostas por outras partículas coma os protóns os neutróns ou os núcleos atómicos poden ser bosóns. De aí que moitos núcleos sexan, de feito, bosóns. Con que o número que compoña esa partícula sexa par o sistema composto será un bosón.

Ricardo Fabeiro

Ángela Rial

 

Tags: