Que o pai sexa musculoso, non quere dicir que o fillo o vaia ser…

A primeira teoría de evolución foi a que ofreceu Jean-Baptiste-Pierre-Antoine de Monet, Cabaleiro de Lamarck.

Este home nacido en Francia o 1 de agosto de 1744 foi un gran naturalista e un home moi coñecido na época na sistematización da Historia Natural.

A súa teoría da evolución di:

imagen

 

Cada ser vivo nace cuns caracteres e ao longo da súa vida, que se van modificando de xeito que se axusten as súas necesidades, climáticas, alimentarias, territoriais… para ser capaz de adaptarse ao medio e sobrevivir o maior tempo e ter a mellor calidade de vida posible.

Nas súas afirmacións consta que os órganos ou ósos que son usados van evolucionando paulatinamente mentres que os que non se usan van atrofiándose pouco a pouco. A esto denomínaselle caracteres adquiridos e segundo Lamarck son herdados polos descendentes. Como por exemplo no caso das xirafas, necesitan chegar as follas do máis alto da árbore polo cal van alongando o seu pescozo para chegar ao alimento, eso denominado carácter adquirido, e será herdado polos seus descendentes.

imagen

 

 Por esta teoría sería posible que, por exemplo, os pais cunha gran musculatura tiveran fillos cunha gran musculatura.

 

Pero isto era uha teoría érronea.

 

A autentica teoría da evolución. 

imagen

Darwin, un naturalista inglés nacido en febreiro de 1809 e morto en abril de 1882, explicou no seu libro, A orixe das especies por medio da selección natural ou a perseveración das razas preferidas na loita pola vida, como tódalas especies de seres vivos procedían dun antepasado común e fóranse especializando por medio da selección natural.

 

Así por exemplo:  se metemos unha poboación dun insecto, dentro do cal hai uns verdes e outros marróns, nun lugar no que a vexetación é verde poderemos observar como co paso do tempo o número de insectos marróns vai diminuindo mentres que os verdes irán en aumento, isto débese a vantaxe adaptativa da cor verde pola cal os seres da poboación coa desvantaxe da cor marrón foron desaparecendo, porque  foron depredados - asi actuou a selección natural neste caso - en maior medida e deixaron menos descendentes de maneira que os verdes predominaron na poboación.

imagen

 Nesta foto móstrase un exemplo de selección natural, realizada por un depredador.

Outro exemplo da teoría de Darwin, poderiamos falar do que sucede cando introduces unha variedade de paxaros en ecosistemas diferentes, nos que teñen que alimentarse de diferentes elementos, eses animais coas características favorables para alimentarse de dito alimento, sobrevivirán mentres o resto irán morrendo, como sucede co pico do seguinte paxaro na foto que se ve a continuación.

imagen

Así, podemos certificar que porque alguén adquira un carácter durante a súa vida os seus descendentes non o van herdar, só no caso de que ese cambio se produza por unha mutación no seu xenoma.

Escrito e publicado por: Ángela Fernández Ríos e Vanesa López Lijó