Os buracos negros.

                               

Un buraco negro defínese como unha rexión finita do espazo-tempo provocada por unha gran concentración de masa no seu interior, con enorme aumento da densidade,  o que xenera un enorme campo gravitacional tal que ningunha partícula material pode saír de dita rexión.

O proceso de formación dos buracos negros e o seguinte:

-Fase 1: morte dunha super  xigante vermella.

-Fase 2: tras varios millons de anos se a materia se colapsa por causa da auto-atracción gravitatoria acabara por converterse nun buraco negro.

Os buracos negros clasifícanse:

                -Segundo a masa:

                                -Buracos negros supermasivos.

                                -Buracos negros de masa estelar.

                                -Micro buracos negros.

                - Segundo as súas propiedades:

                                -O buraco negro máis sinxelo posible é o buraco negro  de Schwarzschild, que non rota nin ten carga.

                                -Se non rota pero ten carga é o chamado buraco negro de Reissner-Nordstrøm.

                                -Se o buraco negro rota pero non ten carga falamos do buraco negro de Kerr.

                                -Un buraco negro que rota e ten carga denomínase buraco negro de Kerr-Newman.

Outro tipo de buracos negros son os buracos de verme. En física un buraco de verme, tamén chamado ponte de Einstein-Rosen, é una hipotética característica do espazo-tempo descrita polas ecuacións da relatividade xeral, é dicir, un buraco negro de verme é esencialmente un “atallo” a través do espazo tempo.

 

Unha resposta a “Os buracos negros.”

  1. ana_urbieta Dixo:

    Ola Adrián, moi bo post, claro, ameno de ler e con moi boas ligazóns. Segue traballando ben e ánimo.