A aurora polar
A aurora polar (que pode ser austral ou boreal) é un fenómeno en forma de brillo ou luminiscencia que aparece no ceo nocturno, usualmente en zonas polares. Prodúcese cando patículas cargadas (protóns e electróns) son guiadas polo campo magnético da Terra e inciden na atmosfera cerca dos polos. cando esas parículas chocan cos átomos e as móleculas de osíxeno e nitróxeno, que constituén os compoñentes máis abundantes do aire, parte da enerxía de colisión excita eses átomos a niveis de enerxía tales que cando perden a excitación devolven esa enerxía en forma de luz visible. Algunhas veces formanse arcos que poden mudar de forma constantemente. Cada cortina consiste de varios raios paralelos e aliñados na dirección das liñas do campo magnético, suxerindo que o fenómeno no noso planeta está aliñado co campo magnético terrestre. As cores que vemos nas auroras boreais dependen da especie atómica e molecular que as partículas do vento solar excitan e do nivel de enerxía que ditos átomos e moléculas poidan alcanzar.
Fátima Vázquez, Xabier Nodar e Andrea Lesende
Venres 3 de Decembro do 2010 ás 10:13
Bo traballo, seguide así.