Dende o 21 de agosto ata fin de ano teremos un saldo negativo na nosa conta ecolóxica.

imagen

Cada ano a Terra produce recursos e nós, os humanos, consumimos eses recursos. Pois ben,  neste ano 2010, dende  o 21 de agosto, comezamos a vivir por riba das nosas posibilidades. Se ata ese día viviamos de rentas,  agora empezamos a gastar o noso capital ecolóxico e polo tanto a poñer en perigo a nosa supervivencia. A este día poderiamolo chamar en galego o día mundial do descuberto en conta. A expresión que se utiliza en inglés es earth overshoot day traducida al español como día mundial del sobregiro.As organizacións que realizan este cálculo son a New Economics Foundation e a Global Footprint Network.