A desaparición dos bosques autóctonos.

imagen

Dende fai moitos anos en Galicia diminuiu exponencialmente o numero de bosques autóctonos, e dentro destes, o número de árbores. As causas son a excesiva deforestación, os incendios masivos que ocorren na nosa terra no verán, as plantacions de pinos e eucaliptos, especies de crecemento rápido e que hoxe en dia vemos en todos os campos galegos pero que en realidade non son propios dos nosos bosques atlánticos. Un dos poucos bosques atlanticos que quedan intactos é a Devesa da Rogueira, na serra do Courel, onde uns compañeiros do noso instituto foron de visita fai unas meses.

 

Nesta devesa temos un souto de castañeiros dende onde se pode ver o pico Formigueiros, o máis alto do Courel. Chegando ó interior desta Devesa atopamonos faias, xardóns, abeleiras, teixos, freixos, carballos… Unha diversa flora que non poderemos atopar noutro lugar. Uns quilómetros máis arriba atopamos a Fonte do Cervo, tamén chamada a Fonte da fame. Esta fonte é moi especial xa que da mesma rocha saen dous manatiais, un con augas ferrosas e outro con augas calcareas. O sendeiro que sae destas fontes vai en dirección ó pico Formigueiros.

 

Nesta devesa podese atopar todo tipo de fauna: raposos, teixugos, corzos, rabisacos (ginetas), armiños… Tamén podemos atopar maxestuosas águias voando.

 

O Courel é unha estupenda demostración de natureza autóctona que está desaparecendo e que todos deberíamos visitar.

 

Tags: