Que pasaría sen Lúa?

Datos básicos A Lúa A Terra
Tamaño: radio ecuatorial 1.737 km. 6.378 km.
Distancia media á Terra 384.403 km. -
Día: periodo de rotación sobre o eixe 27,32 días 23,93 horas
Órbita alrededor da Terra 27,32 días -
Temperatura media superficial (dia) 107 º C 15 º C
Temperatura media superficial (noite) -153 º C  
Gravidade superficial no ecuador 1,62 m/s2 9,78 m/s2

Sempre lle demos á Lúa menos importancia da que merece. Sen embargo, sin ela non poderíamos vivir, xa que lle da á Terra un equilibrio estable e grazas á ela os polos manteñense fixos. Se non tivéramos Lúa os cambios climáticos serían máis devastadores xa que, ao non ter Lúa ó Sol derritiría os polos e aumentaría o nivel do mar, provocando enormes inundacións. A línea que separa os hemisferios convertiríase na nova zona glaciar e a vida que coñecemos correría perigo.

Sobre a desaparición da Lúa hai tres puntos que destacar:

1)  A desaparición das mareas é o efecto máis inmediato, se estas desapareceran provocarían un efecto prexudicial nos ecosistemas mariños xa que a marea convetiríase nun oleaxe máis suave, as correntes oceánicas modificarían as súas pautas e os manglares sería perxudicados xa que necesitan dos movementos do mar para conseguir nutrintes e cousas similares.

2) Desaparecería a su atracción sobre a Terra, polo tanto desequilibrariase a orbita da Terra e desviaríase. As súas consecuencias serían: unha órbita moito máis elíptica, un aumento da temperatura e grandes cambios climáticos que faría que a vida fora inexistente na Terra. O eixe da Terra atópase nunha dirección cara arriba pero de non existir a Lúa o eixe da Terra tambalearíase e quedaría pararalelo ao plano da eclípcita entón a xente da Terra pasariase todo o ano con temperaturas extremas sen intermedios, esto é, seis meses de moito calor e os restantes de moito frío.

3) A desaparición da Lúa afectaría ao comportamento das especies nocturnas, xa que é unha fonte de luz moi importante durante a noite, por exemplo: o moucho non podería cazar e certo insectos non poderían atopar parella, xa que alzan o voo na noite.

A Lúa aléxase 4cm ao ano, polo cal, a rotación do noso planeta farase cada vez máis lenta. O inminente final da Lúa será a súa desaparición provocada pola transformación do Sol  a unha xigante vermella que freará o seu alonxamento da Terra para rompe-la en moitos anacos que se transformarán en aneis así o fin da Lúa acabará como o seu comezo, estes aneis caeran sobre á Terra e terán un límite de tempo curto.

AUTORAS:

Montse Millán Meza

Inés Parada Crujeiras