Buracos negros
Qué é un buraco negro? Esta é unha pregunta que moita xente se plantea á hora de debater sobre diferentes temas astronómicos. A nosa intención é a de poder solucionarvos esas dúbidas.
Un buraco negro é una zona do espazo-tempo provocada por unha grande concentración de masa no seu interior aumentando a súa densidade, isto crea un campo gravitatorio moi denso do cal non poden escapar nin os fotóns. Moitos científicos pensan que no centro da maioría das galaxias (incluída a Vía Láctea) existen buracos negros. A existencia de ditos buracos foi comprobada por diversas observacións referentes a astronomía. Stephen Hawking (astrofísico, titular da Cátedra Lucasiana de Matemáticas da Universidade de Cambridge ata a súa xubilación no ano 2009) planteou a orixe dos buracos negros nun dos seus famosos libros “Buracos negros e a historia do tempo´´. Nese libro, el mismo opina sobre a creación e aparición dos buracos negros.
O proceso de formación dos buracos comeza despois da desaparición dunha xigante roxa.Tras varios de miles de millóns de anos de vida, a forza gravitatoria de dita estrela comeza a exercer forza sobre si mesma orixinando unha masa concentrada convertíndose nunha enana branca.Ao convertirse nunha enana branca,o proceso prosigue ata formar un buraco negro.
Este é o proceso e definición do concepto de buraco negro levado a cabo polo meu compañeiro Xoán e por min, esperamos que tras ler este post vos quede máis claro dito concepto e que cando faledes de novo de este tema sepades desenvolvervos con naturalidade.
Alberto Torrado e Juan Otero